Esquerda Anticapitalista Galiza
Sí, neste 25 de xullo alí estivemos as xentes de ESQUERDA ANTICAPITALISTA GALEGA. Na manifa do BNG e na de Causa Galiza, cos nazonalistas e cos independentistas, sen sectarismos, coas nosas pancartas ("OUTRA GALIZA É POSÍBEL, MAIS SEN O GALEGO É IMPOSÍBEL") e repartirndo a nosa propaganda (panfletos, autocolantes...), facendo demostración práctica de que buscamos e queremos xuntar nun polo alternativo a todos aqueles e aquelas militantes, loitadores/as, homes e mulleres que non desexan a perpetuación deste sistema inxusto e explotador que só ten un nome: CAPITALISMO.
Porque para ESQUERDA ANTICAPITALISTA GALEGA hai un gran terreo común onde podemos combater unidos todos os que queremos UNHA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA, unha Galiza onde a liberación nacional e a liberación da explotación e depredación dos amos do diñeiro, dos banqueiros, dos especuladores financeiros, das multinacionis e dos burgueses autóctonos sexa o mesmo obxectivo e desexo compartido.
Porque de que nos vale unha Galiza soberana en mans deses intransixentes empresarios do metal, ou de Caramelo, ou de Montoto, ou do Pastor, ou de Pescanova, ou de Zara... para que sigan a chuchar o sudor e o sangue dos traballadores e desposuídos desta terra?
Non, non hai dúas loitas diferentes (mal que lles pese aos dirixentes social-liberais -autodenominados agora socialdemócratas- do BNG ) para a autodeterminación (esquecida xa nos caixóns dun futuro improbábel polos teóricos do"antirresistencialismo" do Bloque) e para o anticapitalismo. PORQUE EN GALIZA OU VAN ÁMBALAS DÚAS XUNTAS OU NADA CAMBIARÁ REALMENTE.
ESQUERDA ANTICAPITALISTA GALEGA VEU PARA QUEDARSE, non polo nome nin por intereses persoais dos que formamos parte deste nacente colectivo, senón polas ideas, os principios, os programas e os proxectos de crear e fornecer esa esquerda de futuro e de combate, ao estilo dos camaradas do Bloco de Esquerda portugués, do NPA francés ( o de Besancenot), da Sinistra Crítica italiana, da Revolta Global catalana e de tantas e tantas organizacións que entenderon que o importante non é estar nos gobernos e xestionar este sistema BASEADO NA LEI DO MÁXIMO BENEFICIO PARA O CAPITAL (de novo "OUTRA GALIZA É POSÍBEL; OUTRO CAPITALISMO É IMPOSÍBEL"), senón mudalo de raíz para construír entre todos outra sociedade máis xusta, decente e igualistaria.
Por iso estamos aquí...
PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS:
Izquierda Anticapitalista




