@s anticapitalistas na Folga Xeral en Vigo

Sábado 17 de noviembre de 2012, por Mar

Esquerda Anticapitalista Galega

[Crónica escrita polo noso compañeiro Manuel Alonso da nosa participación en Vigo]

Esquerda Anticapitalista Galega en Vigo participou activamente nunha Folga Xeral que logrou a paralización da industria e o comercio da cidade e a mobilización da ampla masa de traballadores ao longo das 24 horas que durou.

Nós comezamos as 21h do día 13. Unímonos ao piquete que tiña por obxectivo a entrada da quenda de noite en PSA-Citroën, un dos emblemas da industria viguesa e centro neurálxico do sector da automoción en Galiza. O piquete estaba formado por unhas 70 persoas e a súa repercusión foi nula, pois os traballadores da fábrica xa levaban unha hora dentro. En calquera caso, o éxito da folga no transporte e nas empresas auxiliares que abastecen a PSA-Citroën provocou a paralización da produción antes de rematar a quenda nocturna. Un dos obxectivos máis importantes en toda folga para a cidade e que non se conseguira nas anteriores, parar a produción de coches, conseguiuse, aínda que non fora pola participación activa na folga dos seus obreiros, o que demostra, por unha banda, as tendencias oorporativas nos traballadores da factoría PSA Citroen, e por outra banda a incapacidade para aportar solucións de resistencia aos cada vez máis numerosos precarios na fábrica.

JPEG - 20.8 KB

Despois da nosa actividade en Citroën, participamos na asemblea da CIG e no seu piquete nocturno, que tivo como obxectivo asegurar o peche de todos os establecementos do centro da cidade. Piquete tranquilo e sen incidencias polo seguimento masivo que da folga fixeron bares e cafeterías.

Rematado o piquete nocturno, e despois de dedicar a madrugada a preparar as accións do día, participamos nun piquete estudantil en institutos e universidade, asemade de pechar os poucos negocios que abriron nas inmediacións dos centros de estudos .A cidade tiña aspecto de domingo. O piquete xuvenil supón un paso adiante na construción da maioría social dende os máis xoves.

JPEG - 30.7 KB

As 11:00 xa nos atopamos preparados para participar nunha manifestación unitaria das tres grandes centrais sindicais, onde 150 mil persoas e multitude de organización de esquerdas amosaron a súa oposición as políticas de austeridade. Antes saíra outra manifestación de sindicatos minoritarios, con escasa afluencia de xente debido ao tirón que tivo entre a clase traballadora a manifestación convocada polos sindicatos de masas.

As 17hs estamos no piquete unitario que percorrerá as rúas do centro da cidade. Convocado polos sindicatos, a el únense outros colectivos coma nos e persoas que non están organizadas, pero que están motivadas para participar activamente na xornada de folga. Cos comercios e bares do centro pechados como mostra do éxito da folga nos diriximos ao Corte Inglés, que abrira as portas despois do mediodía. Alí e onde se producen os primeiros incidentes: hooligans e xoves desclasados fan barricadas no medio do piquete e prenden o primeiro colector, o que se traduce na división física do grupo e a perda de parte da xente que estaba a participar no piquete. Máis tarde, e despois do lanzamento de consignas reaccionarias contra os sindicatos por parte dos elementos lumpen, o piquete rómpese. A CIG, dando unha mostra de febleza, retírase e fai o seu propio piquete, perdendo a oportunidade de erixirse como unha forza capaz de aglutinar a rúa e a todos os traballadores que carecen dun referente organizativo, pero que comezan a tomar conciencia. Nós consideramos completamente lexítima a violencia por parte dos de abaixo, tanto para defenderse como para atacar ao capital; pero para nos é un medio, non un fin. Os sucesos de onte non foron unha resposta de masas, senón a acción dun grupo alleo ao movemento e con ansias de protagonismo.

JPEG - 24.5 KB

Remataba así unha folga que, se ben en parámetros convencionais non amosa cifras espectaculares pola perda de presenza da industria no tecido laboral, os seis millóns de parados e máis os precarios que non teñen posibilidade de elixir, si que tradúcese nun éxito en canto a mobilización masiva dos traballadores, un éxito no paso adiante no crecemento dunha base social combativa e un éxito pois estamos ante a primeira xornada de folga internacional do século XXI. Folgas como son importantes para acumular forzas e reconstruír á esquerda e ao movemento obreiro. Motivos de esperanza para as loitas que se aveciñan.

Agora faise necesario recoller os froitos da xornada e trazar un plan de loita sostida, con consignas concretas, como deter os recortes, derrubar ao goberno de Rajoy ou anular o pago da débeda.

JPEG - 39.7 KB
SPIP | esqueleto | | Mapa del sitio | Seguir la vida del sitio RSS 2.0